O Concello de Valdoviño dota do servizo de auga e habilita aparcamento na antiga unitaria de Montefaro, en Meirás

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de concluír os traballos para dotar do servizo de auga potable ao edificio da antiga escola unitaria de Montefaro, na parroquia de Meirás, e hoxe con usos asociativos. Unha intervención que se fixo en paralelo coa creación dunha zona de aparcamento no frontal do recinto.
 
Para iso, e dada a cercanía do vial de acceso, gañáronse metros nunha das marxes da estrada, ata o mesmo peche perimetral do recinto, a cementouse a zona de terra.
 

Os mozos e mozas de Valdoviño deixan a súa pegada creativa na Frouxeira

Mural feito no obradoiro

Na pasada Semana Santa, a ninguén deixou indiferente o marabilloso mural urbano realizado polos mozos e mozas de Valdoviño que participaron no obradoiro de graffitti organizado polo Concello de Valdoviño e impartido pola ilustradora e educadora artística NANA. Un mural que dende a semana pasada pode apreciarse na contorna da praia da Frouxeira. Rapaces e rapazas concentraron os seus esforzos e amosaron todo o seu talento ao longo de catro días de traballo, en horario de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 15 a 19 horas). O esforzo valeu a pena e o resultado non puido ser mellor.

Ruta mineira no Porto

A convocatoria foi un éxito

Unha vintena de persoas tomaron parte no día de onte na ruta guiada pola antiga zona mineira do Porto que organizaron conxuntamente o Concello, a través da Concellería de Cultura, e a Asociación Valdoviño Azul. A resposta cidadá á actividade superou as mellores expectativas e o Concello viuse obrigado a abrir lista de espera, co que ten a intención de reeditar a ruta a curto prazo.

Valdoviño celebra os primeiros Itinerarios Literarios

Valdoviño anticipouse á conmemoración do Día do Libro e celebrou o pasado sábado os seus primeiros Itinerarios Literarios. Unha actividade que reeditará co gallo do Día das Letras Galegas.
 

O Océano Surf Museo recibe á organización do Ferrolog Surfing Invitational para a presentación pública do evento

Presentación Ferrolog OSM

Un diverso público achegouse o pasado venres á tarde ao Océano Surf Museo. A intención non foi só coñecer a historia que alberga o museo, senón acudir á presentación do Ferrolog Surfing Invitational, un evento que está a espertar unha considerable expectación a nivel mundial en termos de Long Board Clásico.
Esta actividade encáixase na programación do Océano Surf Museo, que abre as súas portas ao surf non só local, tamén autonómico.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS