Visita da conselleira de Política Social a Valdoviño para abordar o papel dinamizador do futuro centro sociocomunitario

«Era unha visita que tiña pendente» aseguraba esta mañá a conselleira de Política Social, Fabiola García, nada máis entrar no salón de plenos da casa consistorial de Valdoviño. Alí se desenvolveu parte da xuntanza que mantivo co alcalde, Alberto González, e máis outros concelleiros e concelleiras da corporación. Con eles, o equipo de arquitectos do estudo Antha e o arquitecto municipal. Foron estes os encargados de explicar o proxecto do primeiro centro sociocomunitario do municipio.
 

Empresas e profesionais autónom@s locais sentan as bases para iniciar novas relacións de colaboración

Momento da xuntanza

Un total de 46 empresas e profesionais autónomas/os déronse cita onte á tarde no auditorio da Casa da Cultura para participar na xornada organizada polo Concello de Valdoviño. O obxectivo, segundo explicou o alcalde, Alberto González, estaba claro: facilitar un espazo de encontro no que as diferentes firmas puidesen coñecerse entre si e dar a coñecer os seus produtos e servizos, e promover deste xeito relacións de colaboración entre elas. Con esa filosofía participaron todos os/as presentes, abordando a necesidade de establecer sinerxias e tamén proxectos conxuntos.

Festa infantil de Entroido este sábado no pavillón municipal de O Longoiro

Nenas e nenos teñen este sábado unha cita no pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. Alí, a partir das 17 horas, dará comezo a IX edición da Festa Infantil do Entroido que organiza o Concello baixo o título «Entroido Espacial». A entrada é libre e de balde e nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchables, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.
 

Ata o 28 de febreiro pódense solicitar as axudas para a incorporación de moz@s ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

Visita do delegado e do alcalde

Acompañado do alcalde de Valdoviño, Alberto González, o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou onte pola mañá unha explotación apícola do municipio para informar que ata o venres 28 de febreiro está aberto o prazo para solicitar as achegas para plans de mellora nas explotacións agrarias, para a creación de empresas por parte de agricultores/as mozos/as e para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Esta explotación foi beneficiaria dunha axuda de incorporación de mozos/as e dun plan de mellora.

Novos pasos adiante no proxecto de acondicionamento da estrada entre Valdoviño e Cedeira, cun investimento superior aos 4,6 millóns

Zona de actuación

O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de acondicionamento da estrada de Cedeira, ao seu paso polo concello de Valdoviño.

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS