Valdoviño celebra este sábado o seu XX Festival de Comparsas de Entroido

Valdoviño despedirá este sábado o Entroido co seu tradicional Festival de Comparsas. Un certame que este ano acada as 20 edicións. No mesmo, confirmaron a súa asistencia nove comparsas de diferentes localidades da comarca e, en suma, tomarán parte nesta categoría e máis na de outros, preto de 340 persoas. A cita dará comezo ás 17,30 horas nas inmediacións da Casa do Concello. Dende este punto partirá o pasarrúas con destino ata a Casa da Cultura, onde se desenvolverá o festival a partir das 18 horas, conducido polo cómico galego Pedro Brandariz.
 

O traballo de Valentina Pena Bustabad, unha gran artista de 4 anos, elixido no certame da mascota 2020 do Museo do Surf

Mascota do Océano Surf Museo

O traballo presentado por Valentina Pena Bustabad, estudante de 5º curso de Educación Infantil no CPI Atios de Valdoviño, resultou o gañador do certame convocado polo Océano Surf Museo para elixir a súa mascota para este ano. Pequena en idade, xa que tan só ten 4 anos, pero grandísima en talento artístico, Valentina creou unha fermosa balea como imaxe do museo.
 

O Concello de Valdoviño amplía o programa “Concilia Mañás!” ás escolas unitarias

Servizo no CPI Atios

O alcalde, Alberto González, anunciou esta mañá que o Concello ten a intención de ampliar ás escolas unitarias o programa «Concilia mañás!», un servizo de conciliación da vida laboral e familiar e almorzos que xa comezou este mes nas instalacións do CPI Atios de luns a venres de 8 a 9,30 horas. Ese mesmo horario é o previsto para as escolas unitarias de Lago, Taraza e Vilarrube.
 

Arrancan en Valdoviño as terapias específicas para persoas afectadas de alzheimer

Sesión das terapias en Valdoviño

As veciñas e veciños afectados de alzheimer e outras demencias xa non teñen que desprazarse fóra de Valdoviño para acceder a terapias específicas de estimulación cognitiva. Dende este mes contan con este servizo no local municipal da antiga escola de Atios grazas á colaboración entre o Concello e Afal -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Ferrol e comarca-. As sesións celébranse os mércores e xoves de 18 a 20 horas neste espazo, contiguo ao centro de saúde e á casa da cultura.

Visita da conselleira de Política Social a Valdoviño para abordar o papel dinamizador do futuro centro sociocomunitario

Momento da visita

«Era unha visita que tiña pendente» aseguraba esta mañá a conselleira de Política Social, Fabiola García, nada máis entrar no salón de plenos da casa consistorial de Valdoviño. Alí se desenvolveu parte da xuntanza que mantivo co alcalde, Alberto González, e máis outros concelleiros e concelleiras da corporación. Con eles, o equipo de arquitectos do estudo Antha e o arquitecto municipal. Foron estes os encargados de explicar o proxecto do primeiro centro sociocomunitario do municipio.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS