A senda peonil e ciclista na AC-116 permitirá dispoñer este mesmo ano dun itinerario continuo de 5,5 kms ao longo desta estrada en Valdoviño

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que o itinerario peonil e ciclista na estrada que comunica Valdoviño e Ferrol, a AC-116, no que a Xunta está a investir máis de 800.000 euros, estará á disposición dos veciños e veciñas este mesmo ano e permitirá contar cun itinerario continuo de 5,5 km ao seu paso por este municipio.
 

Francesca Martello trae ao parque da Frouxeira a súa obra teatral “Out of Blú”

O teatro chegará este domingo 19 de xullo ao parque da praia da Frouxeira da man de Francesca Martello. Alí compartirá co público asistente a súa obra «Out of Blú» a partir das 19,30 horas, nun espectáculo incluído na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. As persoas interesadas en tomar parte na iniciativa poden retirar as súas invitacións -un máximo de 5 por persoa- na Oficina Municipal de Turismo hoxe de 11 a 17 horas e mañá xoves de 11 a 14 horas. En caso de choiva a actividade trasldaríase á Casa da Cultura.
 

Regresan os asaltos musicais a Valdoviño

Asalto musical

A música pode soar estes días en calquer lugar do municipio. Non é preciso retirar entrada nin reservar asento para asistir a un pequeno concerto que, sen dúbida, non deixa indiferente a ninguén. Son os «asaltos musicais» que converten o Faro de Meirás, a praia da Frouxeira ou o areal de Pantín en auditorios a ceo aberto para acoller breves intervencións musicais. Unha iniciativa que impulsa o profesor e músico Ignacio Sanz Santás, veciño de Pantín, e que este ano chega á súa terceira edición.
 

A deputada de Servizos Sociais visita as obras do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño

Visita da deputada e do alcalde

O alcalde, Alberto González, e a deputada provincial de Servizos Sociais, Ana Lamas, realizaban esta mañá unha visita ás obras de rehabilitación do antigo mercado municipal de Valdoviño para convertilo no primeiro centro sociocomunitario da localidade.
 

A área recreativa de Atios acollerá este sábado a función de narración oral e música “Barrococó” de Rilo&Penadique

Rilo&Penadique

A área recreativa de Atios será escenario este sábado 18 de xullo da función «Barrococó -un achegamento a Domingo de Andrade». A cita dará comezo ás 21 horas e inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña. As persoas interesadas en participar poden retirar as súas invitacións na Oficina Municipal de Turismo hoxe martes e mércores de 11 a 17 h e o xoves de 11 a 14 horas.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS