Enviado por Comunicación a Xov, 05/12/2019 - 12:10
O Concello de Valdoviño investirá 72.167,82 euros procedentes do POS+2019 nas obras de renovación dunha parte da cuberta do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Alberto González. Unha intervención moi necesaria polas deficiencias detectadas, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e as placas de policarbonato e á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.
Enviado por Comunicación a Mér, 04/12/2019 - 13:44
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de sacar a licitación nove obras para ampliar a rede de abastecemento de auga en diferentes puntos das parroquias de Meirás e de Valdoviño, e a de saneamento noutros lugares da de Lago. No seu conxunto, as intervencións previstas suman un orzamento de 229.756,18 euros, que a Administración local financiará con cargo ao POS+2019 da Deputación provincial da Coruña. O prazo de presentación das ofertas está aberto e pecharase o 20 de xaneiro de 2020.
Enviado por Comunicación a Mér, 04/12/2019 - 10:29
VerdeVerás Expresións Artísticas trae este domingo a Valdoviño o seu espectáculo «Un lugar chamado mundo». A función, organizada polo Concello co apoio da Deputación a través da Rede Cultural, dará comezo ás 18 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo e está dirixida a un público familiar.
«Un lugar chamado mundo» é unha obra de teatro infantil musical que recupera a regueifa como parte do patrimonio tradicional galego, traballa sobre o xénero, a multiculturalidade, as diversas visións do mundo e o coidado do medioambiente.
Enviado por Comunicación a Mar, 03/12/2019 - 06:45
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello abrirá este xoves 5 de decembro o prazo de inscrición no programa «Concilia Nadal!». Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase nas instalacións do CPI Atios en horario de mañá, de 9,30 a 14 horas. Así mesmo, e para quenes o soliciten, haberá un servizo de conciliación dende as 8 horas.
Enviado por Comunicación a Lun, 02/12/2019 - 07:33
A correcta presenza do destino Ferrolterra Rías Altas en Internet, como mellorar o seu posicionamento en Google Maps ou como posicionar e mellorar ás empresas turísticas en TripAdvisor son algúns dos temas dos que se van a falar no Foro de Intelixencia Turística promovido pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, ao abeiro do Convenio coa Axencia Galega de Turismo para a promoción turística do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas durante 2019.