Novos pasos para materializar a mellora da estrada entre Valdoviño e Cedeira

A ansiada mellora da estrada entre Valdoviño e Cedeira (AC566), na que levan traballando a Xunta e os dous concellos durante os últimos catro anos, está hoxe máis próxima a converterse nunha realidade. Os alcaldes de Cedeira e de Valdoviño, Pablo Moreda e Alberto González respectivamente, mostraban a súa satisfacción pola publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas polo que se somete a exposición pública a primeira fase do proxecto constructivo, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polas obras.
 

A FAEPAC asesorará ao Concello en materia enerxética para reducir o seu gasto e mellorar a calidade ambiental

Sinatura do convenio

O Concello de Valdoviño será asesorado pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) en materia de eficiencia enerxética. O presidente da FAEPAC, Valentín González Formoso, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, asinaron un convenio que pretende reducir o consumo enerxético e a contaminación ambiental do municipio a través de diferentes accións que impulsen o uso racional da enerxía e as fontes renovables.
 

O Concello de Valdoviño suma aos medios para loitar contra a velutina unha pértiga que alcanza os 18 metros de altura

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da adquisición dunha pértiga de fibra de carbono para incorporar aos recursos cos que conta a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil na súa intensa loita contra a vespa velutina no municipio. Este recurso, que xa está sendo utilizado, dispón dun motor eléctrico para introducir o líquido atraínte e alcanza ata os 18 metros de altitude. O seu custe ascendeu a 1.800 euros.
 

O Concello habilita Novas Valdoviño, unha canle de difusión de información municipal a través de Whatsapp

Novas a través do whatsapp

O Concello de Valdoviño vén de activar Novas Valdoviño, unha nova canle de difusión de información municipal a través de whatsapp. Súmase ao servizo de mensaxería de texto e aos envíos por correo electrónico que viña realizando ata a data.
 

Charla este martes en Valdoviño sobre os camiños de peregrinaxe a cargo do arqueólogo Ángel Concheiro

O arqueólogo Ángel Concheiro Coello impartirá a charla «Camiños de peregrinación ao longo da historia: camiño de Santo André, Camiño a Teixido e Camiño de Santiago. Recoñecemento social da poboación local”. Será este martes 15 de outubro no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas. Aínda que a entrada é libre, valorarase a asistencia á conferencia para tomar parte na visita a Santiago de Compostela que o Concello programa para este sábado 19 de outubro.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS