O Concello de Valdoviño expresa o seu pesar polo pasamento do sociólogo e poeta José Leira López

O Concello de Valdoviño quere expresar o seu pesar e consternación polo pasamento do sociólogo e poeta José Leira López, veciño de Lago.
 
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña, era profesor titular de Universidade adscrito ao Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña.
 

Concello e tecido asociativo traballan na Estratexia Municipal de Prevención de Violencias Machistas e Promoción da Igualdade

As concellerías de Cultura, Educación e Turismo e de Servizos Sociais, Sanidade e Xuventude convocaron a semana pasada dúas mesas de traballo para continuar avanzando na elaboración da Estratexia Municipal de Prevención de Violencias Machistas e Promoción da Igualdade entre Mulleres e Homes.
 
A estas xornadas foron convidadas persoas representantes da comunidade educativa, do sector asociativo, deportivo e veciñal, así como tamén mulleres que representan un papel relevante a nivel do municipio.
 

Arrancan en Meirás os obradoiros municipais de estimulación cognitiva

Os obradoiros arrancaron en Meirás

Uns 30 veciños e veciñas toman parte nos obradoiros de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos que organiza o Concello de Valdoviño. Esta mañá arrancaban no local social da AVV de Meirás (celébranse de 9,30 a 10,30 horas) e o xoves faranno na Biblioteca Municipal de Valdoviño (hai dous grupos: de 16 a 17 e de 17 a 18 horas). En todo caso, a inscrición continuará aberta nesta actividade, con custe cero para as persoas participantes. Así, aquelas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura (de luns a venres de 10 a 14 horas).
 

Producións Excéntricas trae este domingo a Valdoviño o seu espectáculo “Cartóons”

Josito Porto e Víctor Mosqueira en "Cartóons"

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo 27 de outubro «Cartoons», a cargo de Producións Excéntricas. A función dará comezo ás 18 horas, con entrada libre e de balde, e está dirixida a un público familiar.
 

Melloras na rede eléctrica obrigarán ao corte do suministro este mércores de 9 a 11 horas en diferentes lugares do municipio

Por mor de traballos para mellorar a calidade do suministro eléctrico, a compañía Naturgy informa da necesidade de suspender o servizo este mércores 23 de outubro, de 9 a 11 horas, nunha serie de lugares do municipio. Son os seguintes: Aldea A Furada, Aldea Crecente, Aldea Donelle, Aldea A Bergaña, Aldea A Cachaveira, Aldea A Espiñuda, Aldea A Granxa, Aldea As Casas Novas, Aviño, Aldea Bacariza, Aldea Baladas, Aldea Malde, Aldea Miros, Aldea Mourente, Aldea Pousada, e Aldea Riodofoxo.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS