24 empresas optan ao contrato para ampliar a rede de abastecemento de auga en Meirás e Valdoviño e de saneamento en Lago

Un total de 24 empresas optan ao contrato do Concello de Valdoviño para a ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos das parroquias de Meirás e de Valdoviño, e a de saneamento noutros lugares da de Lago. No seu conxunto, as nove intervencións previstas suman un orzamento de 229.756,18 euros, que a Administración local financiará con cargo ao POS+2019 da Deputación provincial da Coruña. O prazo de presentación das ofertas pechábase o día 20 de xaneiro e o pasado venres celebrábase a primeira mesa de contratación.
 

A Xunta anuncia o inicio da execución da senda na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, en Valdoviño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, comezará esta semana as obras de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, entre os puntos quilométricos 7+120 a 8+800, ao seu paso polo concello de Valdoviño.
 
Esta actuación foi adxudicada á empresa Copasa, por importe de preto de 640.000 euros, e ten un prazo de execución de seis meses aproximadamente.
 

O Concello de Valdoviño convoca un concurso de debuxo infantil para elixir á mascota do Océano Surf Museo

Océano Surf Museo

O Océano Surf Museo busca a súa Mascota do Ano, unha imaxe que o represente neste 2020. E faino entre o alumnado do CPI Atios e as escolas unitarias do CRA O Esquío –de todos os cursos e idades-. Por iso, segundo avanzou o alcalde, Alberto González, o Concello plantéalles o reto de participar no concurso de debuxo convocado para tal fin. O protagonista debe ser un animal mariño que reflicta o espírito e os valores deste deporte e debe realizarse sobre unha cartolina branca tamaño A4, relacionando ao mesmo tempo o surf co océano.

O Concello de Valdoviño, en FITUR

Presentación do Pantín Classic

Un ano máis, o alcalde, Alberto González, desprazouse a FITUR xunto á concelleira de Turismo, Rosana García, e o edil de Deportes, Sergio Saavedra, para manter diversos encontros e xuntanzas con operadores nacionais e representantes doutras administracións públicas coas que entablar proxectos comúns de promoción turística.
 

O Concello promove unha xornada entre empresas e autónomos locais para impulsar sinerxias e novas oportunidades de negocio

Cartaz xornada

O Concello de Valdoviño organiza unha xornada dirixida a empresas e persoas autónomas do municipio co ánimo de dar a coñecer os seus servizos e establecer redes de colaboración. Celebrarase o xoves 20 de febreiro ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura. Aberta a todos os sectores económicos, as firmas e autónomos interesados en tomar parte deben formalizar a súa inscrición no seguinte enlace http://bit.ly/xornadaempresas antes do 14 de febreiro.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS