O prazo para anotarse no programa municipal Concilia Nadal! conclúe este luns

As concellerías de Servizos Sociais e de Deportes poñerán en marcha o programa municipal «Concilia Nadal!». Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase nas instalacións do CPI Atios en horario de mañá, de 9,30 a 14 horas. Así mesmo, e para quenes o soliciten, haberá un servizo de madrugadores dende as 8 horas. O prazo para anotarse concluirá este luns, 16 de decembro, e é preciso inscribirse no departamento municipal de Servizos Sociais –planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.
 

Concello e movemento asociativo arrancan este domingo a X Campaña “Na Caixa do Correo do Nadal, comparte ilusións”

Un ano máis, e xa van dez, Concello e entidades veciñais e culturais do municipio unen esforzos na organización da Xuntanza Solidaria de Nadal. Celebrarase este domingo 15 de decembro, a partir das 16,30 horas, na Casa da Cultura e, como é tradición, a cita inclúe unha chocolatada e a visita do apalpador, así como un espectáculo a partir das 18 horas no auditorio. Neste caso, Iseo A Moura, función dirixida a un público familiar.
 

O Concello abre a inscrición nun curso de xestión do estrés e riscos psicosociais no servizo de axuda a domicilio

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición nun curso de Xestión do Estrés e Riscos Psicosociais no Servizo de Axuda a Domicilio, dirixido especialmente ás persoas traballadoras no sector, aínda que aberto a todo o mundo interesado no tema. Así, para participar nesta acción formativa gratuíta é preciso anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5).
 

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Valdoviño este mércores

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este mércores. Estará diante no área de estacionamento sita diante da «Casa Joselito» en horario de mañá –de 10 a 14 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-.
 
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.
 

Festival de Panxoliñas de Meirás este sábado

Canta Compaña

O Concello de Valdoviño celebrará este sábado o XIX Festival de Panxoliñas de Meirás. Terá lugar na Igrexa de San Vicente, a partir das 18,45 horas, organizado pola coral Alentía de Meirás e coa colaboración da Concellería de Cultura. Nel, tomarán parte o Coro Canta Compaña e as corais Virxe do Mar de Cedeira, Ecos de Chamorro e, pechando o cartel, a actuación da coral local, Alentía.
 
A Concellería de Cultura de Valdoviño colabora na iniciativa a través da participación do Coro Canta Compaña, que financia a través da Rede Cultural da Deputación provincial.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS