O Concello destina 11.000 euros ás subvencións para apoiar as actividades culturais e sociais do movemento asociativo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello abrirá mañá venres, e por espazo dun mes, o prazo para que as entidades e asociacións sen ánimo de lucro asentadas en Valdoviño poidan solicitar as subvencións municipais de apoio ás actividades de carácter cultural, social e divulgativo realizadas no presente exercicio. As bases reguladoras da convocatoria publicáronse hoxe no Boletín Oficial da Provincia para a súa consulta. No seu conxunto, o rexidor explicou que o Concello reserva unha partida de 11.000 euros para este fin.
 

Últimos días para apuntarse á Volta ás Forcadas que se celebrará este domingo

Volta ás Forcadas

Crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio e, o mesmo tempo, coñecer ou redescubrir un entorno único é o obxectivo da Volta ás Forcadas que se celebrará este domingo, 21 de outubro. Organizada polo Concello no marco do circuito Corre polo Norte, partirá de Loira ás 11 horas e está pensada para a participación de toda a familia.

O Concello convida á veciñanza a achegar as súas fotografías de Valdoviño para confeccionar o calendario municipal do 2019

Queres que unha fotografía túa apareza no calendario que editará o Concello de Valdoviño do 2019? Se estás interesado participa enviando unha ou varias imaxes a partir de mañá mércores, 17 de outubro e ata o 9 de novembro á web do Concello -clicka aquí-.
 

A actuación de mellora da estrada de Cedeira a Valdoviño contempla a implantación de carrís de adiantamento e melloras no trazado

Visita realizada este ano con técnicos da Xunta

Lograr unha mellor mobilidade, á par que se reforza a seguridade vial, e reducir os tempos de percorrido entre os municipios de Cedeira e de Valdoviño, facilitando así a súa conexión coas principais cidades galegas, é un obxectivo prioritario para ambos concellos e, nos últimos tres anos, un traballo conxunto no que hoxe se deu un paso adiante.

O Concello conclúe a pavimentación do camiño de Porta da Pía a Folgueiras, en Vilarrube

Camiño de Porta da Pía a Folgueiras

Tras tres décadas sen realizar ningunha intervención na vía, o camiño de Porta da Pía a Folgueiras, na parroquia de Vilarrube, sufría un deterioro máis que notable, plagado de baches e fochancas. De aí que, como explicaba o alcalde, Alberto González, o Concello decidise atender a petición dos veciños e incluíse a súa reparación no marco do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader. O concelleiro de Urbanismo, Alejandro García, explica que a intervención, iniciada a finais do mes de agosto e recén concluída, requería un investimento de 37.261,10 euros.
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS