O Concello adecenta o espazo que acollía a valla publicitaria da Porta do Sol

O Concello vén de realizar unha pequena intervención de mellora no aparcadoiro da Porta do Sol, anexo á Oficina de Turismo. Uns traballos que veñen precedidos da retirada da valla publicitaria existente no lugar por motivos de seguridade. A actuación, que levaron a cabo operarios municipais e tivo custe cero para as arcas locais, buscaba adecentar este espazo, ata a data foco de concentración de residuos. Para iso, trasladáronse os colectores de papel e vidro uns metros, para situalos xunto á illa ecolóxica, e no espazo no que se erguía a valla aplicouse unha capa de garbancillo blanco.