O Concello informa de que Viaqua suspenderá os cortes de subministro do servizo por impagos na situación de alerta

Nesta situación de crise, o Concello de Valdoviño informa de que a empresa concesionaria do servizo de augas, Viaqua, decidiu adoptar unha serie de medidas importantes de cada á veciñanza e aos negocios.
 
-Permitirá financiar ou aplazar o pago de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que presenten dificultades.
 
-Ás empresas pechadas non se lles computará no recibo o contabilizado dende o día 13 de marzo.
 
-Ampliará o plazo do periodo voluntario de pago de facturas a 90 días.
 
-Suspenderá todos os cortes de subministro. Neste caso, trátase dunha medida xa implantada pola empresa para aquelas persoas en situación de vulnerabilidade económica e, na situación actual, decidiu facela extensiva a todos os clientes, paralizando calquer acción de reclamación ou débeda ou de cortes. Deste xeito, garantízase que un ben básico como a auga chegue a todos os fogares, máxime nun momento no que a hixiene se convertiu nunha acción indispensable de prevención.
 
-Ademais, e en relación aos pagos, a empresa sinala que dispoñen dun plan de cuota fixa -Plan 12 Gotas- que o cliente pode solicitar e que permite pagar todos os meses o mesmo importe en base ao consumo do ano anterior, regularizando ao final do ano a situación (no caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólveselle a cantidade ou finánciase a pagar nos seguintes meses). Tamén, ofrécese a posibilidade de elixir a data do mes que prefira para a domiciliación bancaria.