O Concello agradece o traballo dos operarios, policías locais e Protección Civil durante a situación de alerta por temporal

O alcalde, Alberto González, quixo agradecer publicamente o extraordinario traballo realizado polos operarios municipais, axentes da Policía Local e integrantes de Protección Civil durante a pasada fin de semana. Nalgúns casos, incluso renunciando aos seus días de vacacións para atender as necesidades de intervención derivadas do temporal. Tamén ás empresas encargadas do mantemento eléctrico e á concesionaria do servizo de auga, en alerta ante a situación xerada. Precisamente, o rexidor explicou que a día de hoxe o Concello continúa traballando na retirada das preto de 40 árbores caídas durante o temporal, así como na limpeza de estradas e camiños afectados; na reposición das sinais derribadas, arredor dunha decea, e arranxo das 8 marquesinas que rexistraron danos.
 
Non foron os únicos desperfectos causados polo temporal, xa que tamén golpeu con forza a infraestruturas e inmobles municipais. Entre eles, causou danos nos tellados dos aseos públicos da praia pequena, da praia de Meirás e da praia da Mourillá. Tamén ás cubertas da casa da cultura e casa consistorial. Afectou a un bo número de lámpadas do alumbrado público e, a lo menos, provocou danos nos tellados de oito vivendas particulares.