O Concello convertirá o antigo palco da música de Loira nun auténtico local social cun investimento cercano aos 100.000 euros

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello procederá á reforma integral do antigo palco da música de Loira para transformalo nun auténtico espazo de reunión e actividade veciñal. Será grazas ao POS Complementario 2019, cun investimento superior aos 100.000 euros. Unha partida que tamén contempla obras de mellora no local social de Vilaboa. No caso de Loira, Alberto González explicou que se busca dotar de maior funcionalidade a este espazo e, por ende, ao seu entorno máis inmediato, integrado pola pista polideportiva, o parque infantil instalado hai dous anos, e máis os aseos accesibles construídos polo Concello hai uns meses anexos ao palco. Precisamente, a actuación prevista completará esta última. A intervención foi aprobada en Xunta de Goberno Local e esta semana saía a licitación. A presentación das ofertas manterase aberta ata o 28 de xaneiro e o anunción de licitación pode consultarse na plataforma de contratación do sector público.
 
Actualmente, o antigo palco da música está conformado por unha planta baixa destinada a local de reunións e unha planta alta deseñada como espazo de representación e usos múltiples. Data do ano 1987, construído cunha estrutura de formigón armado con pechamentos de ladrillo. Hoxe en día, non conta coas condicións mínimas esixibles de illamento e os seus acabados están obsoletos. Así mesmo, o acceso á parte alta realízase a través dunha escaleira estreita e con moita pendente, co conseguinte perigo para os seus usuarios/as. Un conxunto de circunstancias que o converten nun inmoble pouco útil para desenvolver actividades dentro da comunidade.
 
Por isto, o alcalde explicaba que o Concello leva uns anos traballando no proxecto para transformalo, realizando paralelamente os trámites previos, como foi a adquisición de terreos colindantes. Así as cousas, a Asociación de Veciños «As Chaves» de Loira cedía ao propio Concello unha superficie de 1.496 metros cadrados, que se unía á parcela municipal anexa de 668, sumando os 2.164 metros cadrados nos que se vai actuar.
 
¿En que consistirán as obras? En esencia, o edificio sufrirá unha transformación radical e garantirase a accesibilidade á planta alta. Primeiramente, realizarase un drenaxe perimetral da contorna da edificación, instalaranse baixantes e canalóns de zinc, tamén ventás corredoiras plegables con rotura de ponte térmica na planta alta. Un sistema que permitirá abrir por completo a planta para realizar actividades ao aire libre. Para acceder a esa planta alta dotarase o local dunha escaleira metálica e abrirase unha porta de acceso no lateral máis próximo a esta. Así mesmo, revestirase o chan cun pavimento de tarima flotante. Reaxustarase a instalación de electricidade e iluminación do inmoble ás novas necesidades e renovarase cada centímetro da fachada exterior.
 
Segundo explicou Alberto González, esta intervención sumarase a outras realizadas nos locais sociais do municipio. A máis recente, a remodelación integral do local social de Aviño.