O Concello pon en marcha Xoga en Nadal para nenas e nenos de 5 a 12 anos

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá da posta en marcha do programa municipal Xoga en Nadal. Celebrarase coa vista posta nas vacacións escolares, e está dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos. Todas/os elas/es poderán participar nunha morea de actividades deportivas como baloncesto, fútbol sala ou xogos populares no pavillón do CPI Atios. Será os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e máis o 2 e 3 de xaneiro en horario de 11 a 13 horas.
 
A participación é gratuíta, aínda que se require de inscrición previa. Pode formalizarse na Concellería de Deportes –segunda planta da casa consistorial- ou no teléfono 626 46 55 31.