Aberto o prazo para apuntarse como figurantes na Cabalgata de Reis de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de abrir o prazo para que as persoas interesadas en participar como figurantes na Cabalgata de Reis se anoten. Persoas adultas e menores deben cumplimentar a folla de inscrición e entregala ben no CPI Atios –ata o 20 de decembro- ben na Casa da Cultura –ata o 30 de decembro-. Así mesmo, no caso de persoas menores de idade debe acompañarse dunha autorización expresa asinada polo pai/nai/titor legal.
 
Unha vez pechado o prazo, a Concellería de Cultura convocará unha xuntanza o día 30 de decembro ás 20,30 horas na Casa da Cultura para concretar os detalles da organización.