A veciñanza achega preto dun centenar de imaxes ao certame para elaborar o calendario municipal do 2020

O calendario municipal para o 2020 xa ten as súas fotografías de autor. Son Cristina Freire, Esperanza Vázquez, Inés González, Gustavo Lamas, Jacobo Núñez, María Aneiros, Mario Rodríguez, Álvaro Núñez, Carlota Montero, Alberto Valero e María Hermitas Couce. As súas imaxes foron seleccionadas polo Concello para ilustrar o calendario, que se presentará e repartirá gratuítamente nun acto a celebrar o 22 de decembro na Casa da Cultura.
 
É o terceiro ano consecutivo no que o Concello propón á veciñanza participar na súa elaboración achegando imaxes de espazos do municipio comparables con outro lugar do mundo. Unha singular iniciativa na que tomaron parte este ano 91 fotografías.