O Concello abre o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, abrirá mañá martes o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí 2020 que promove a Deputación provincial da Coruña. Un trámite que debe formalizarse ata o 4 de decembro no Rexistro Xeral –a ficha de inscrición pode descargarse da web municipal-. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020) poderán gozar de estancias na estación de Cabeza de Manzaneda. Alí, e ao longo de catro días, poderán participar en cursiños de esquí e actividades complementarias nun proxecto que inclúe aloxamento e manutención.
 
As estancias comezarán no mes de xaneiro e o Concello ten asignadas 4 prazas para a quenda do 14 ao 17 de febreiro. Se a demanda excedese as prazas ofertadas, realizaríase un sorteo no Concello. O custe da actividade é de 85 euros.