A Casa da Cultura acolle a exposición colectiva de pintura e fotografía “Tod@s”

A Casa da Cultura de Valdoviño acolle a exposición colectiva de pintura e fotografía «Tod@s». A mostra, promovida por Narart (Narón amigos del arte), inaugurábase onte á tarde nun acto presidido polo alcalde, Alberto González, no que tamén participou a concelleira de Cultura, Rosana García, e os artistas que asinan as obras.
 
Así, a mostra poderá visitarse en Valdoviño ata o día 27 de outubro, en horario de 12 a 14 horas de luns a domingo e de 16 a 19 horas tamén os sábados e domingos. A entrada é de balde.
 
Integran a exposición obras de: Pili Criado, Francisco Pérez Alonso, Carmen Rodríguez Sabín, Carballeira, Crisanto Poveda, Yolanda Vizoso, María José Caneda García, Carmen Pérez-Alarcón Fernández e Lucía Bouza Rodríguez.