Aviso de prohibición do baño e da realización de actividades acuáticas no encoro das Forcadas e no regato de Forcadas

O Concello de Valdoviño informa da prohibición do baño e da realización de actividades acuáticas no encoro das Forcadas. Unha medida que se estende ao regato de Forcadas no caso do baño. A Administración local instalou nas inmediacións de ambos espazos a correspondente sinalización advertindo da situación, derivada da presenza de cianobacterias, microalgas que adoitan producir efectos tóxicos. Ás veces poden recoñecerse pola cor da auga e pola prsenza de natas e espumas na superficie coas que debe evitar o contacto. Estas cianobacterias poden ser tóxicas.
 
 
Dada a situación xerada no encoro, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia realizaba as analíticas correspondentes no regato de Forcadas, que desemboca na praia de Vilarrube, constatando tamén a presenza de cianobacterias nas súas augas.