O Concello procede á retirada provisional do cruceiro de O Calvario para ampliar o cruce dos viais de Lagares e Lousada coa DP 2502

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello procedeu á retirada provisional do cruceiro de O Calvario na parroquia de Loira para ampliar o cruce no que conflúen os viais municipais de Lagares (Pantín) e Lousada (Loira) coa estrada provincial DP 2502 (dirección Vilaboa). Trátase dun cruceiro de mediados do século XX de pedra de Moeche catalogado como ben de interese municipal, e os traballos foron contratados polo Concello de Valdoviño á empresa especializada TOMOS. Coinciden coas obras de ampliación e mellora da estrada DP 2502, que conecta o municipio con Cerdido e que está a executar a Deputación provincial da Coruña cun investimento cercano ao millón de euros.
 
Nesta liña, o alcalde explicou que, aínda que a actuación de ampliación do cruce que motivou a retirada do cruceiro non estaba prevista inicialmente, a Deputación asumiu a intervención a instancias do Concello de Valdoviño facéndose eco das demandas veciñais.
 
Por último, Alberto González sinlaou que o cruceiro ubicarase finalmente a uns metros da súa posición orixinal.