O Concello repartirá entre a veciñanza 50 entradas para asistir ao Trofeo Teresa Herrera do Deportivo da Coruña

O Concello de Valdoviño repartirá gratuitamente entre os veciños e veciñas 50 entradas para o partido que este sábado 10 de agosto enfrontará ao RC Deportivo e ao Real Betis Balompé a partir das 21 h horas no estadio de Riazor. Tamén se disputará o partido feminino deste trofeo entre o Real Club Deportivo ABANCA e o UD Granadilla ás 18:30 h. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.
 
Entregaranse un máximo de 2 entradas por persoa e as persoas interesadas deberán solicitalo este venres, 9 de agosto, na oficina municipal de Deportes, na última planta da casa consistorial, entre as 12,30 e as 14 h. Deberá presentarse o DNI para confirmar a residencia en Valdoviño e a entrega farase por orde de chegada.