Cine nocturno ao aire libre en Valdoviño coa proxección de “La Sombra de la Ley”

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a unha sesión de cine nocturno ao aire libre este xoves 18 de xullo. Será na praza da Casa da Cultura, onde se proxectará o thriller «La Sombra de la Ley». O pase dará comezo ás 22,45 horas e está recomendado para persoas maiores de 16 anos. Unha proposta cultural que conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 
«La Sombra de la Ley», dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner, conta no seu reparto con Ernesto Alterio, Vicente Romero, Manolo Solo, Paco Tous, Jaime Lorente, Adriana Torrebejano, Pep Tosar e Fredi Leis, entre outros. O filme inspírase en feitos reais e está ambientado nos anos 20, unha etapa convulsa e revolucionaria na que se fraguaron moitos dos avances do século XX. Un thriller de suspense cheo de momentos trepidantes que conta tamén unha historia de amor.