Contacontos e obradoiro de cociña para nen@s, este domingo na Frouxeira

O parque da Frouxeira convertirase no mellor dos escenarios este domingo, 14 de xullo, para acoller o contacontos de Teatro Calavera «Chocolate». Unha proposta do Concello de Valdoviño incluída no programa Escenarios Paralelos, polo que as iniciativas culturais saen da Casa da Cultura, segundo explicou o alcalde, Alberto González. Neste caso, a función está ideada para un público familiar e dará comezo ás 19,30 horas.
 
Así mesmo, ao remate do contacontos, o público asistente poderá participar nun obradoiro de cociña no que se elaborarán brochetas de froitas recubertas de chocolate fondiu.
 
En «Chocolate», de Teatro Calavera, o cociñeiro Antón reta á pasteleira Tomasa a conseguir o mellor chocolate do mundo. Así, Tomasa colle rumbo mar adiante en busca da árbore do cacau e consegue facer o mellor chocolate do mundo.