O Concello celebra este venres e sábado un curso de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello de Valdoviño celebrará este venres 28 e sábado 29 de xuño un curso de defensa persoal dirixido a mulleres. Será en horario de 16 a 20 horas e terá por escenario o local social de Meirás. A actividade é gratuíta, pero require de inscrición previa e as mulleres interesadas en tomar parte poden anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 981 48 70 41 ext.5.
 
Entre os contidos do curso, abordaranse os distintos tipos de agresión, as medidas de autoprotección, medios a empregar ante unha agresión e técnicas sinxelas e resolutivas.
 
A actividade está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, no marco do acordo de colaboración asinado coa FEGAMP para a conformación dunha Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.
 
Nos últimos anos, o Concello realizou accións deste tipo en Lago e Vilaboa.