O Océano Surf Museo promove visitas guiadas, videofórum, talleres e expos complementarias ao Campionato de España de Surfing

O Océano Surf Museo promove visitas guiadas, videofórum, talleres e expos complementarias ao Campionato de España de Surfing.

O Campionato de España de Surfing arranca este sábado na praia da Frouxeira. Un evento que atraerá aos grandes do surf nacional así como a centos de aficionados a este deporte que buscarán alternativas de ocio no territorio. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, explicou que o Concello de Valdoviño, co obxectivo de divulgar o patrimonio local, deseñou un completo programa actividades no Océano Surf Museo.

Así, as propostas van enfocadas á divulgación do patrimonio, o impulso da competitividade turística e a búsqueda da sustentabilidade, e as persoas interesadas en tomar parte poden reservar praza nas diferentes actividades a través deste formulario de inscrición: http://bit.ly/ACTIVIDADESOSM.

O programa específico do museo dará comezo xusto despois das festas do Corpus Christi de Valdoviño e o San Xoán. Como é de costume, o museo terá as portas abertas de xeito gratuíto de luns a venres de 9 a 14 h e as fins de semana e festivos de 12 a 14 e 16 a 19 h.

Ademais, o martes 25 ás 18 h, en colaboración coa Asociación de Fotografía de Ferrolterra, impartirase un taller teórico-práctico que descubrirá pequenos trucos para a creación de fotos relacionadas co surf. Falarase sobre fotografía panorámica, obxectivos, foto submariña, drons...

Esta mesma asociación xa está a traballar na recompilación de fotografías relacionadas coa forza das ondas, a costa e a importancia do mar no territorio. As persoas asociadas, e todas aquelas outras que queiran participar, poden subir as fotografías que desexen a unha plataforma compartida a través da seguinte ligazón. http://bit.ly/exposicionosm Aquelas imaxes máis orientadas ao título “A Forza da Costa das Ondas” serán expostas na Sala de Exposicións Temporais da Casa da Cultura de Valdoviño. A inauguración desta exposición será o xoves 27 ás 21,30 h. Xusto antes da inauguración da exposición de fotografía “A Forza da Costa das Ondas”, o museo contará coa presenza de Vicente Irisarri, quen ensinará os detalles do Océano Surf Museo nunha visita guiada.

O xoves, ás 20 h, celebrarase unha charla co título “O surf como modelo terapéutico alternativo que mellora a calidade de vida: inclusión social e prevención de enfermidades cognitivas”.

O venres poremos en práctica os coñecementos adquiridos no primeiro taller fotografía de surf e mostraranse trucos para a fotografía do mar e o surf en condicións de pouca luz nunha quedada ao solpor.

O sábado, a partir das 20 horas no auditorio do Océano Surf Museo, sesión de videofórum con curtametraxes e documentais sobre a historia do surf no territorio. Pecharase esta cita de cine cunha produción que fará as delicias dos amantes do surf.

E para rematar esta programación, o domingo ás 12,30 h haberá unha visita guiada ao Océano Surf Museo. Así tamén, durante a semana e tendo en conta as condicións do mar, organizaranse visitas guiadas especiais para todas seleccións de surf españolas que visitarán Valdoviño estes días ás que tamén poderá acceder público xeral.