Selección de 2 técnicos de Turismo

Data: 
Lunes, 27 Mayo, 2019
Obxecto: 

Estas bases teñen por obxecto a contratación de dous técnicos de turismo na modalidade de funcionario/a interino/a e elaboración dunha bolsa de emprego, durante un máximo de dous anos, ante a posible convocatoria de programas subvencionados o ano que ven, coa finalidade de promocionar e difundir as diferentes actividades turísticas entre a poboación de Valdoviño e os visitantes, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa DP0029/2019 de subvencións dirigido a los concellos e agrupación de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de Turismo durante o exercicio 2019.
 
As funcións a desempeñar serán, en xeral, as seguintes: atención ao público, atención telefónica, dar resposta a información demandada a través de correo ordinario, fax e correo electrónico, preparación de material promocional turístico para distintas feiras e eventos, colaborar no deseño e na elaboración de rutas comarcais, realización de visitas guiadas, arquivar documentos e informes, cubrir formularios e elaborar informes estatísticos.

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

5 días naturais, contados dende o seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.