Encontro coa secretaria xeral de Turismo

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, mantivo na mañá deste luns unha reunión coa secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, co fin de abordar temas de interese para o municipio.
 
No encontro, que tivo lugar en Santiago de Compostela, tratáronse a actualidade do Pantín Classic e a súa posible declaración como festa de interese turístico, as infraestruturas e equipamentos para os deportes náuticos nas praias ou as potencialidades do encoro das Forcadas como punto de referencia turística.