Convocatoria de prazas na cuadrilla municipal de obras

O Concello de Valdoviño convoca a provisión de dúas prazas de peóns e unha de oficial de segunda para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais. A contratación con carácter laboral temporal é por un período de tres meses a xornada parcial de 25 horas semanais.
 
A selección de aspirantes realizarase o día 29 de xullo, ás 10:00 horas, na nave industrial do Concello sita no Lugar de Mourente.
 
As bases de contratación están dispoñibles na sección de convocatorias: Contratación de oficial de 2º e 2 peóns para a cuadrilla de obras.