Valdoviño NON ten problema de restricción de auga

Valdoviño NON se atopa afectado polo problema de restricción de agua xurdido nos concellos da comarca de Ferrol.
 
Valdoviño conta cun sistema de potabilización propio e non ten os problemas detectados pola Xunta de Galicia nalgúns concellos da ría. De feito, hoxe mesmo fíxose unha nova análise que indica que a auga de Valdoviño está en perfecto estado para o seu consumo.
 
O Concello de Valdoviño púxose a disposición do alcalde de Ferrol para calquera necesidade de abastecemento dos equipamentos públicos de carácter sanitario ou social.