Campaña de vela 2014

Data: 
Martes, 3 Junio, 2014
Obxecto: 

Desde o 2 de xuño está aberto o prazo para se apuntaren á campaña de vela da Deputación da Coruña (Iniciación á navegación a vela).

  • A Valdoviño correspóndelle a quenda do 30 de xuño ao 4 de xullo. 
  • O prezo é de 25 euros.
  • As actividades realizaranse no encoro das Forcadas, de luns a venres, en horario de mañá ou de tarde.
  • Para rapaces de 9 a 18 anos do ámbito comarcal. Terán preferencia os empadroados no Concello de Valdoviño.
  • O lugar para apuntarse é a Casa da Cultura, de luns a venres, de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, e das 09:00 ás 14:00 en horario de verán.
  • Prazas limitadas.

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 19 de xuño

Páxina: 
Deportes