Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

A Mancomunidade fai un chamamento á responsabilidade da cidadanía para non dar pasos atrás na loita contra a covid-19

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou esta tarde unha reunión telemática na que os representantes dos nove municipios (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño) acordaron facer un chamamento á responsabilidade da cidadanía nesta fase 1 do retorno á normalidade. Os alcaldes piden que se cumpran as medidas establecidas polas autoridades para que non se malogre a tendencia á baixa nos casos de covid-19.

O refuxio de Mougá volverá entregar animais en adopción a partir do luns

Refuxio de Animais

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ten previsto volver prestar o luns o servizo de adopción no Refuxio de Animais de Mougá. O centro mantivo a súa actividade esencial durante a crise sanitaria. Non obstante, no momento en que se decretou o estado de alarma, suspendeu a atención ao público para adopcións, en concordancia coas medidas de confinamento, xa que a visita ao centro non se considera un desprazamento xustificado, e para evitar a propagación do virus.

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol maniféstase en apoio do persoal de Noa Madera Creativa

Reunión da Mancomunidade

Os nove concellos da Mancomunidade acordaron subscribir na reunión que mantiveron onte un manifesto institucional de apoio á empresa Noa Madera Creativa, polo mantemento dos postos de traballo e en contra da súa precarización. Ademais do anterior, na reunión mantida polos representantes dos concellos mediante videoconferencia, analizáronse conxuntamente as medidas relacionadas coa desescalada do estado de alarma e co apoio aos sectores e persoas máis prexudicados economicamente pola situación.  

 

O Concello inicia o reparto de mascarillas entre os nenos e nenas de 3 a 14 anos

O alcalde e o concelleiro de Servizos supervisan o material

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello iniciará mañá venres 8 de maio o reparto de mascarillas hixiénicas reutilizables para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos (incluídos) e de mascarillas dun só uso para aqueles de 9 a 14 anos (incluídos). Iso si, como requisito é preciso estar empradroados/as no municipio de Valdoviño.
 

O Concello adecenta o espazo que acollía a valla publicitaria da Porta do Sol

Intervención realizada

O Concello vén de realizar unha pequena intervención de mellora no aparcadoiro da Porta do Sol, anexo á Oficina de Turismo. Uns traballos que veñen precedidos da retirada da valla publicitaria existente no lugar por motivos de seguridade. A actuación, que levaron a cabo operarios municipais e tivo custe cero para as arcas locais, buscaba adecentar este espazo, ata a data foco de concentración de residuos.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS