Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Obradoiros para toda a familia e concerto de Uxía Lambona este domingo

O parque de Lago acollerá este domingo, 30 de xuño, unha xornada lúdico-musical enfocada especialmente aos máis pequenos e pequenas da casa. Arrancará ás 16,30 horas cos Xogos e Obradoiros Ubuntu, pensados para disfrutar en familia: pais e nais, avós e avoas e nenos e nenas. Incluirá catro zonas de xogo diferenciadas, guiadas por monitores cada unha delas.

Corte do servizo eléctrico

O servizo eléctrico en parte das parroquias de Pantín e Vilarrube sufrirá un corte dende as doce e durante aproximadamente unha hora para traballar nunha reparación. Desculpade as molestias que se podan ocasionar.

O Concello abre a tempada de baño na piscina municipal ampliando horario

Aberta a temporada da piscina

Concluídas as obras de acondicionamento da piscina municipal emprazada en Lago, o alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que as instalacións inauguraranse este luns, 1 de xullo, co inicio dos cursos de natación e actividades acuáticas programadas para nen@s e persoas adultas. Así mesmo, o mesmo luns abrirá a piscina para o baño libre, cunha novidade: a ampliación dunha hora nos horarios, ata as 21 h de luns a domingo.
 

Obradoiro de fotografía de surf en Valdoviño con “quedada ao solpor”

O Concello de Valdoviño organiza este venres unha orixinal iniciativa ao abeiro da programación do Océano Surf Museo para esta semana, coincidindo co Campionato de España de Surfing que se celebra na praia da Frouxeira. Trátase dun obradoiro de foto de surf titulado «Quedada ao solpor». Arrancará ás 22 horas e nel a Asociación de Fotografía Ferrolterra guiará aos participantes na realización de fotografía marítima ao anoitecer.

O Concello convoca 11 prazas de peón para a limpeza das praias do municipio

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que as persoas interesadas en optar a unha das 11 prazas de peón que contratará o Concello de Valdoviño para a limpeza de praias, a tempo parcial, e por espazo de tres meses, poden presentar a súa solicitude no rexistro xeral a partir de mañá xoves, 27 de xuño, e por espazo de 5 días naturais contados a partir de mañá. As prazas de persoal laboral temporal financiaranse con cargo a unha subvención da Deputación provincial da Coruña.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS