Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Declaración Institucional Día da Muller

Aprobada por unanimidade no día de onte, xoves, en sesión plenaria 

O Concello de Valdoviño promove un roteiro guiado polo universo de Concepción Arenal

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a tomar parte no roteiro guiado polo universo de Concepción Arenal que organizará o vindeiro 14 de marzo en Ferrol, a súa cidade natal, no marco do programa «Somos e Contamos». Unha actividade pensada para nenos/as e persoas adultas guiada polo profesor de Xeografía e Historia Orlando Jara.
 

A mostra “Galicianas. Mulleres galegas facendo historia” chega a Valdoviño

Imaxe de Galicianas

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura este venres exposición: «Galicianas. Mulleres galegas facendo historia», da asociación Vai Rañala Meu! A partir de entón, o horario de visitas será de martes a domingo de 12 a 14 horas e de 16 a 19 h. Ata o 22 de marzo.
 

Aberta a inscripción no obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”

Dirixido ás familias, o Concello de Valdoviño organiza o obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”, a cargo de Raquel Veiga, educadora social experta en intervención familiar. Unha acción incluída na programación municipal «Somos e Contamos» coa que a Administración local quere celebrar o Día da Muller. Desenvolverase na escola unitaria de Lago, o día 12, a partir das 17 horas.
 

Valdoviño celebra o Día da Muller con exposicións, debate, teatro, obradoiros, presentacións de libros e roteiros guiados

Cartaz da programación

No marco do programa «Somos e Contamos», o Concello de Valdoviño conmemorará o Día da Muller cunha completa programación que inclúe exposicións, debate, obradoiros, roteiros, presentacións literarias e teatro. Así, o alcalde, Alberto González, destacou o traballo conxunto dos departamentos de Cultura e Servizos Sociais para facer posible o programa, que arrancará este mesmo venres 6 de marzo coa inauguración da mostra «Galicianas. Mulleres galegas facendo historia», da asociación Vai Rañala Meu!, na Casa da Cultura.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS