Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Nova Galega de Danza trae este sábado a Pantín o seu espectáculo “Tradicción”

A compañía Nova Galega de Danza traerá este sábado ao Ariño-Pantín o seu último espectáculo, «Tradicción». Será a partir das 20,30 horas, da man do Concello de Valdoviño, que recibiu unha achega da Xunta, a través da Axencia Turismo de Galicia, e Abanca para contribuír deste xeito á programación cultural do Pantín Classic Galicia Pro, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
 

I Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño

I Torneo municipal de fútbol feminino

O campo O Lameiro de Vilaboa acollerá o vindeiro domingo 25 de agosto a primeira edición do Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño. Así o avanzou esta mañá o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, que invitou á veciñanza a seguir o encontro que enfrontará aos equipos do CD Rosalía de Vilaboa e ao Amistade de Meirás. Será a partir das 18 horas con entrada libre e de balde ao campo.
 

Comeza a fase final do Torneo Fútbol Sala Ociosol de Valdoviño

A fase final dará comenzo cos cuartos de final o luns 19 agosto ás 21h e o martes 20 de agosto. As semifinais disputáranse o xoves 21 de agosto no mesmo horario, a final e a final de consolación serán o venres 22, ás 21:30h e 20:30h respectivamente.
 
En total, na fase de liga disputaronse un total de 28 encontros no Pavillón do Longoiro e participaron máis de 120 persoas.
 

Aberta a inscrición na Volta ás Forcadas

A proba celébrase o 22 de setembro

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
 

XXIX Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño este sábado no campo do Meirás

Un clásico do fútbol comarcal

O campo de fútbol de Meirás acollerá este sábado 17 de agosto a XXIX edición do Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño, no que tomarán parte o CD Rosalía de Vilaboa, a SD Valdoviño e o Meirás CF.
 
O Triangular arrancará ás 17,30 horas cun encontro que enfrontará ás formacións xuvenís do Amistade de Meirás e Meirás CF. Os partidos serán de 45 minutos e, ás 18,30 horas, arrancarán na categoría sénior. Sobre as 21,30 horas está prevista a entrega de trofeos.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS