Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O CPI Atios acolleu a presentación de “Espello”, curta baseada no relato gañador do concurso “Suprime o control”

Os alumnos e alumnas da ESO do CPI Atios de Valdoviño foron onte á tarde os primeiros en poder ver “Espello”, curtametraxe baseada no relato gañador do concurso “Suprime o control”. O centro educativo acolleu a «premier» nun acto ao que acudiu o deputado provincial Xosé Manuel Soto e o alcalde, Alberto González, así como a concelleira Rosana García e a técnica da Deputación Eva Ovenza. Xunto a eles, o director do CPI, Antonio Cebreiro, e docentes do colexio.
 

Preto de medio centenar de nen@s e moz@s tomarán parte este sábado nas I Xornadas de Pesca Infantil de Valdoviño

A praia de Vilarrube será escenario mañá sábado das I Xornadas de Pesca Infantil organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello de Valdoviño. Unha iniciativa que o alcalde, Alberto González, prevé continúe por moitos anos no calendario municipal dada a excelente acollida recibida. Así, nas mesmas anotáronse un total de 43 nen@s e moz@s.
 
A actividade desenvolverase entre as 18,30 e as 21,30 horas.

O Concello abre o prazo de inscrición nas actividades da renovada piscina municipal

Cursos de natación 2019

Cursos de natación para nen@s e persoas adultas, aquagym e sesións de baño libre son as propostas da programación do Concello de Valdoviño previstas para a piscina municipal emprazada en Lago de cara á época estival. Unha piscina que foi obxecto nas últimas semanas de importantes obras de acondicionamento e reforma, necesarias polos problemas estructurais que presentaba e que obrigaron o ano pasado a trasladar as actividades á piscina da Saíña, tras chegar a un acordo entre Concello e propietarios.
 

O Concello abre a inscrición en OcioSol, a oferta de actividades deportivas para verán

Cartaz do Ocio Sol

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición en OcioSol, a programación de actividades deportivas do Concello de Valdoviño para os meses de verán. Unha programación, engadiu, que se amplía respecto a anos anteriores, aumentando o número de propostas e mantendo a descentralización nas diferentes parroquias. Polo miúdo, avanzou que o Concello ofertará ximnasia de mantenemento en Meirás, Valdoviño (Casa da Cultura e entorno da Frouxeira) e Vilaboa; bailes latinos, baloncesto, fútbol sala e tenis.

Valdoviño celebrará este sábado a XXXII Mostra da Canción Coral

O Auditorio acollerá a Mostra un ano máis

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este sábado 22 de xuño a XXXII edición da Mostra da Canción Coral e Agrupacións Musicais Concello de Valdoviño. Todo un clásico da programación cultural do municipio organizado pola ACR A Frouxeira coa colaboración do Concello, da Deputación provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. Arrancará ás 19,30 horas  con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS