Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello abre a inscrición na oferta de actividades deportivas de verán OcioSol

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición na oferta de actividades deportivas de verán OcioSol 2020. Son as seguintes: tenis, atletismo, xogos deportivos e tiro con arco para nenas e nenos, e ximnasia de mantenemento e tiro con arco para persoas adultas. Ademais, o custe das actividades ao mes oscila entre os 7,37 e os 22,12 euros segundo a idade do/a participante e o número de horas, e arrancarán a próxima semana.
 

O Concello edita material divulgativo para concienciar sobre a necesidade de preservar a píllara das dunas

Tríptico píllara

O Concello de Valdoviño vén de editar material divulgativo sobre a píllara das dunas en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural. Material que busca concienciar á cidadanía sobre a necesidade de preservar unha especie única presente na Frouxeira. Inclúese nun programa iniciado hai meses da man do CPI Atios, e cofinanciado pola Deputación provincial da Coruña, no que alumnos e alumnas do centro educativo local elaboraron debuxos sobre a importancia de axudar á supervivencia da píllara con accións cotiás.

Concello e Subdelegación do Goberno analizan o plan de seguridade dos accesos e aforos das praias de Valdoviño

Xunta Local de Seguridade

O Concello de Valdoviño e a Subdelegación do Goberno na Coruña analizaron o plan de seguridade das praias do municipio nunha Xunta Local de Seguridade extraordinaria que tivo como único punto da orde do día a análise desta iniciativa desenvolvida polo Goberno Local.
 

O Concello activa o Programa Mellora, de formación e acceso ao emprego

Accións formativas

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, anunciou esta mañá a posta en marcha do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego. Un programa que arrancará a próxima semana con dúas accións formativas centradas no eido social e sanitario. O prazo de inscrición está aberto no departamento municipal de Servizos Sociais, chamando ao 981 48 70 41 extensión 5.
 

Moeche, Cerdido, San Sadurniño e Valdoviño sumaranse á Rede Provincial de Espazos de Coworking cun centro dedicado á transformación de produtos do agro

Os catro alcaldes co presidente da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou hoxe o convenio de colaboración cos concellos de Moeche, Cerdido, San Sadurniño e Valdoviño para financiar as obras de rehabilitación e acondicionamento dunha nave en desuso no recinto feiral municipal de Moeche e urbanizar a súa contorna para transformala nun centro de traballo colaborativo orientado á elaboración, transformación e venda de produtos agroalimentarios.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS