Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Arranca en Valdoviño o Programa Integrado de Emprego dirixido a mulleres

Fomentar e promover a igualdade entre homes e mulleres xunto co reparto equitativo do coidado da familia e das tarefas domésticas figuran entre os obxectivos do Programa Integrado de Emprego que impulsa a Mancomunidade de Concellos de Ferrol en colaboración coa Xunta de Galicia. Un programa que onte pola mañá arrancaba en Valdoviño. Na casa consistorial, o alcalde, Alberto González, e o xerente da Mancomunidade, Luis Alcalá, daban a benvida ás 11 mulleres participantes.

O Concello insta a Xunta e Goberno central a asumir o custo da prestación do servizo de axuda no fogar

O pleno do Concello de Valdoviño aprobou instar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a asumir o custo da prestación do servizo de axuda no fogar, unha competencia que lles é propia ou, cando menos, dotar aos concellos das cantidades orzamentarias suficientes para facerlle fronte, chegando como mínimo á aportación que fai a Deputación.

Nova xornada formativa sobre a sede electrónica e a tramitación de subvencións

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, celebra mañá mércores a segunda e última das xornadas formativas sobre o uso da sede electrónica municipal e sobre a tramitación de subvencións. Será na casa consistorial en horario de 10 a 11 horas sobre o uso da sede electrónica, e de 11 a 12 horas sobre a tramitación de subvencións. A participación é libre e de balde e non se require de inscrición previa.
 

Presentación do Programa para a Mellora da Viabilidade das Explotacións Gandeiras de Seitura 22

Cartaz da xornada

A Asociación Seitura 22 impulsa o Programa para a Mellora da Viabilidade das Explotacións Gandeiras e, este martes 11 de febreiro, levarase a cabo a partir das 12 horas a súa presentación no Centro de Dinamización Seara, no polígono de Penapurreira en As Pontes. Un acto aberto a toda persoa interesada no proxecto.
 
O proxecto consiste na posta en marcha dunha plataforma colaborativa para a mellora da eficiencia nas explotacións agrogandeiras, de produción leiteira ou cárnica, en base á xestión económica e técnica, no ámbito de actuación da asociación Seitura22.

O Concello pon en marcha terapias específicas para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

Cartaz talleres alzheimer

O Concello de Valdoviño, municipio solidario co alzheimer, impulsará terapias específicas para as persoas afectadas a partir desta semana. Así o avanzou o alcalde, Alberto González, para sinalar que o obxectivo é mellorar a atención aos veciños e veciñas que padecen esta enfermidade e tamén procurar un respiro familiar para os seus coidadores. Así, Afal guiará as terapias cada semana. Serán mércores e xoves, de 18 a 20 horas, no local da Asociación A Frouxeira, moi próximo ao centro de saúde e á casa da cultura.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS