Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Valdoviño, A Capela, Cerdido, Moeche, Neda e San Sadurniño acordan conxuntamente non abrir as instalacións das piscinas municipais para garantir a seguridade das persoas usuarias

Valdoviño, xunto aos concellos de A Capela, Cerdido, Moeche, Neda e San Sadurniño, comunicaron hoxe a súa decisión de non  abrir as piscinas municipais este verán dadas as circunstancias xeradas pola  pandemia da COVID 19. Os/as representantes municipais   adoptan este acordo tras analizaren entre todos/as o contido dos protocolos redactados polo Ministerio de Sanidade e a normativa  aprobada pola Xunta de Galicia, documentos nos que se establecen unhas condicións que os concellos  dificilmente poden asumir nin tampouco garantir  o seu cumprimento.
 

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Valdoviño este xoves

Cartaz doazón de sangue

O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este xoves 18 de xuño. Estará diante da casa consistorial en horario de mañá –de 10 a 14 horas- e de tarde –de 16 a 21 horas-.
 
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.
 

O Concello abre o prazo para solicitar autorización para as luminarias de San Xoán e San Pedro nos espazos privados

Bando Municipal

Dada a situación de crise sanitaria na que nos atopamos, e co obxecto de manter as tradicións e á súa vez cumprir coas medidas de control e protección derivadas da pandemia do COVID-19, o Concello de Valdoviño informou esta mañá a través dun bando municipal que poderán realizarse luminarias de carácter tradicional nos espazos privados dos núcleos rurais e urbanos, previa declaración responsable. Deben presentar a súa solicitude chamando ao teléfono 981 48 70 41 extensión 1.

Arrancan as obras de construción do aparcadoiro e campo de fútbol de herba artificial e mellora de viais en Meirás

Visita de inicio de obra dos concelleiros de Obras, Alejandro García, e Deportes, Sergio Saavedra

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá o inicio das obras de construción do aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás. Será nos terreos cedidos polos/as veciños/as da parroquia e nos viais municipais. Unha intervención que tamén contempla traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual.

Exposición pública da matrícula do IAE 2020

En data 15 de Xuño do 2020 o Concello de Valdoviño procede a exposición pública da matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas IAE 2020, elaborada e facilitada a Excma. Deputación de A Coruña pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS