Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Actuación Toc, Toc ao mediodía

Por un erro totalmente alleo ao noso Concello, no xornal "LA VOZ DE GALICIA", con data de hoxe 20-11-2015, ven que a actuación de Pablo Díaz "TOC TOC", realizaríase ás 20 horas do 20 de novembro, CANDO A SÚA HORA DE ACTUACIÓN FOI NESTE 20 DE NOVEMBRO, PORÉN,  AO MEDIODÍA, PARA ALUMNOS-AS DO COLEXIO DE ATIOS.

Desde a Concellaría de Cultura enviouse a hora correcta prevista da actuación, cometendo unilateralmente o devandito diario o erro.

Lamentamos as molestias que isto lles poida ocasionar.

20 Novembro: Día Internacional da Infancia

O 20 de Novembro conmemórase o aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia. Este tratado recolle os dereitos dos nenos e as nenas, que se resumen en 10:

Actividades da Asociación A Frouxeira

A A.C.R. A Frouxeira de Valdoviño organiza as seguintes actividades durante esta tempada:

25Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

Tal e como se recolle no programa cultural do mes de novembro, as Concellerías de Cultura e Servizos Sociais organizan por segundo ano consecutivo unha andada popular e urbana para amosar a rexeita á Violencia contra a Muller. Terá lugar o día 29 de novembro a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura. Acto final ás 13:00 horas coa colaboración e participación de: alumnado e profesorado de CPI Atios, veciñanza de Valdoviño e unha sorpresa/actuación final.
 

15Novembro: Día sen Alcol

Este sábado día 14 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, no pavillón polideportivo do Ensanche, terá lugar unha actividade organizada pola Asociación de Exalcólicos de Ferrolterra, dentro das accións programadas estas semana con motivo do Día Sen Alcol, na que participarán as escolas deporte inclusivo da Mancomunidade.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS