Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Obradoiros de Conciliación Creativos

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, da continuidade ás actividades para a conciliación da vida familiar e laboral dentro do Programa CONCILIA, financiado pola Deputación da Coruña para o ano 2013.
Para a festividade de entroido contémplanse uns obradoiros creativos (coa igualdade de xénero como temática) dirixidos a nenos/as de 3 a 12 anos. Levaranse a cabo o 3,4 e 5 de marzo na Casa da Cultura de 10 a 14 horas.
Prazo de inscrición: ata o 28 de febreiro

Cursos de língua galega preparatorios para as probas Celga

O Concello de Valdoviño propón a realización dun curso de lingua galega preparatorio para as probas de nivel CELGA 3. da Secretaría Xeral de Política Lingüística dependente da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 

Novo proceso de adxudicación da obra do POS 2013

A N U N C I O
 
POS 2013
Por acordo da Xunta de goberno local adoptado en sesión do 29 de xaneiro de 2014, declarase deserta a contratación da obra do POS 2013 "Acondicionamiento de las escuelas unitarias de Taraza y Villarrube”, por non presentar a empresa presentada “Luis de Aviño, S.L”, a documentación correcta do sobre A. (Documentación) e iniciase de novo o proceso para a adxudicación da obra por Procedemento Negociado Sen Publicidade, con invitación ás seguintes empresas:
 
- A Valiño Narón, S.L

XIV Festival de Entroido

O Concello de Valdoviño promove o XIVº Festival de Entroido, que se celebrará o vindeiro sábado 8 de marzo as 18:00 horas na Casa de Cultura.
 
BASES QUE REXERÁN NO XIVº FESTIVAL  DO ENTROIDO 2014 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO
1.- Poderán participar no XIVº Festival de Entroido do Concello de Valdoviño as entidades legalmente constituídas e/ou grupos ocasionais  que cumpran as condicións establecidas nas seguintes bases. En todo caso nomearase un representante debidamente autorizado para actuar en nome do grupo.
 

Preinscrición para a andada Santiago-Fisterra

Aberto o prazo de preinscrición para participar na andada Santiago de Compostela-Fisterra. Previsión de realización: domingos do mes de maio.
 
Os interesados poden obter máis información ou preinscribirse na Biblioteca Municipal.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS