Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello activa o Programa Mellora, de formación e acceso ao emprego

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, anunciou esta mañá a posta en marcha do Programa municipal Mellora, de formación e acceso ao emprego. Un programa que arrancará a próxima semana con dúas accións formativas centradas no eido social e sanitario. O prazo de inscrición está aberto no departamento municipal de Servizos Sociais, chamando ao 981 48 70 41 extensión 5.
 

Moeche, Cerdido, San Sadurniño e Valdoviño sumaranse á Rede Provincial de Espazos de Coworking cun centro dedicado á transformación de produtos do agro

Os catro alcaldes co presidente da Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou hoxe o convenio de colaboración cos concellos de Moeche, Cerdido, San Sadurniño e Valdoviño para financiar as obras de rehabilitación e acondicionamento dunha nave en desuso no recinto feiral municipal de Moeche e urbanizar a súa contorna para transformala nun centro de traballo colaborativo orientado á elaboración, transformación e venda de produtos agroalimentarios.
 

A Casa da Cultura acolle, entre estrictas medidas de seguridade, os actos expropiatorios previos ao inicio das obras de acondicionamento da estrada Valdoviño-Cedeira

Actos expropiatorios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou onte os actos expropiatorios aos que están convocados/as os/as propietarios/as dos terreos necesarios para executar o acondicionamento  da estrada Valdoviño-Cedeira, seguindo un estrito protocolo de seguridade.
 
Este é o primeiro dos actos de expropiación que se efectúa desde que se decretou o estado de alarma, e nel seguíronse as medidas sanitarias e de prevención recomendadas fronte á covid-19, cumprindo un estrito protocolo de seguridade.
 

Adxudicada a redacción do proxecto constructivo para o abastecemento en Pantín

Pantín

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo para a redacción do proxecto construtivo da obra de abastecemento a Pantín.
 
Os traballos foron adxudicados á empresa Alfredo Teijeiro Rodríguez por importe de 16.844 euros e contan cun prazo de execución estimado de 6 meses.
 

O Concello abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán, que se celebrarán este ano en Pantín e Aviño

Cartaz Concilia Tempos

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello de Valdoviño reedita a súa aposta polos campamentos de verán Concilia Tempos co ánimo de favorecer a conciliación da vida laboral e o coidado dos nenos e nenas por parte das familias. O prazo de inscrición está aberto, ata o 25 de xuño, e as persoas interesadas no servizo deben anotarse chamando ao departamento municipal de Servizos Sociais no 981 48 70 41 extensión 5.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS