Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

A FAEPAC asesorará ao Concello en materia enerxética para reducir o seu gasto e mellorar a calidade ambiental

O Concello de Valdoviño será asesorado pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) en materia de eficiencia enerxética. O presidente da FAEPAC, Valentín González Formoso, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, asinaron un convenio que pretende reducir o consumo enerxético e a contaminación ambiental do municipio a través de diferentes accións que impulsen o uso racional da enerxía e as fontes renovables.
 

O Concello de Valdoviño suma aos medios para loitar contra a velutina unha pértiga que alcanza os 18 metros de altura

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da adquisición dunha pértiga de fibra de carbono para incorporar aos recursos cos que conta a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil na súa intensa loita contra a vespa velutina no municipio. Este recurso, que xa está sendo utilizado, dispón dun motor eléctrico para introducir o líquido atraínte e alcanza ata os 18 metros de altitude. O seu custe ascendeu a 1.800 euros.
 

O Concello habilita Novas Valdoviño, unha canle de difusión de información municipal a través de Whatsapp

Novas a través do whatsapp

O Concello de Valdoviño vén de activar Novas Valdoviño, unha nova canle de difusión de información municipal a través de whatsapp. Súmase ao servizo de mensaxería de texto e aos envíos por correo electrónico que viña realizando ata a data.
 

Charla este martes en Valdoviño sobre os camiños de peregrinaxe a cargo do arqueólogo Ángel Concheiro

O arqueólogo Ángel Concheiro Coello impartirá a charla «Camiños de peregrinación ao longo da historia: camiño de Santo André, Camiño a Teixido e Camiño de Santiago. Recoñecemento social da poboación local”. Será este martes 15 de outubro no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas. Aínda que a entrada é libre, valorarase a asistencia á conferencia para tomar parte na visita a Santiago de Compostela que o Concello programa para este sábado 19 de outubro.
 

O Concello celebra con María López Vergara o seu 100 aniversario

Maruja de Naveiras cumpre 100 anos

María López Vergara, máis coñecida coma Maruja de Naveiras, cumplía o pasado venres nada máis e nada menos que 100 anos. Un aniversario moi especial que o Concello de Valdoviño non quixo pasar por alto tras coñecer a noticia por parte da súa familia. Así, o alcalde, Alberto González, acompañado das concelleiras de Benestar Social, Pilar Caamaño e Ana Belén Pérez, e o edil de Servizos, Benito Vega, desplazábanse ata o domicilio familiar, sito en San Miguel, para trasladarlle a felicitación do Concello e entregarlle un ramo de rosas e un retrato asinado polo pintor Manuel Carballeira.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS