Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Aberta a inscrición na I Quedada Motera Solidaria organizada polo Cámping A Lagoa

O Cámping municipal de A Lagoa, a pé do areal da Frouxeira de Valdoviño, levará a cabo nos vindeiros meses unha serie de actividades coas que busca dinamizar as instalacións e convertilas nun auténtico referente do ocio na comarca. Así, nesta liña, e coa colaboración do Concello de Valdoviño, organizará o vindeiro 5 de outubro a primeira edición da Quedada Motera Solidaria. A inscrición estará aberta ata o 26 de setembro e debe formalizarse no correo electrónico reservas@campingalagoa.com.
 

O Concello procede á retirada provisional do cruceiro de O Calvario para ampliar o cruce dos viais de Lagares e Lousada coa DP 2502

O cruceiro ubicarase a uns metros do lugar orixinal

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello procedeu á retirada provisional do cruceiro de O Calvario na parroquia de Loira para ampliar o cruce no que conflúen os viais municipais de Lagares (Pantín) e Lousada (Loira) coa estrada provincial DP 2502 (dirección Vilaboa). Trátase dun cruceiro de mediados do século XX de pedra de Moeche catalogado como ben de interese municipal, e os traballos foron contratados polo Concello de Valdoviño á empresa especializada TOMOS.

Valdoviño celebra este domingo o Día da Bici

A xornada será no entorno das Forcadas

Valdoviño celebrará este domingo, 15 de setembro, o Día da Bicicleta. Unha iniciativa que conxuga a partes iguais deporte, diversión e agasallos. Nenos e maiores están convidados a tomar parte na xornada, que comezará ás 11 horas coa concentración dos participantes no entorno do campo de fútbol de Vilaboa.
 

Xunta e Concello de Valdoviño dan a coñecer a especial vinculación histórica entre os camiños a Santo André e a Compostela

A Xunta de Galicia e o Concello de Valdoviño danse a man para dar a coñecer a especial vinculación que, ao longo da historia, mantiveron e manteñen o Camiño de Santiago e o Camiño a Santo André, tamén coñecido como camiño francés a Teixido. Será a través dun completo proxecto, titulado «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», deseñado polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo». Incluirá peregrinacións, proxeccións cinematográficas, conferencias e incluso unha viaxe a Santiago de Compostela, esencia e xerme do Xacobeo.
 

Concello e AFAL promoven o curso “Coidar ao coidador” dirixido a familias de persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

O Concello de Valdoviño, en colaboración con AFAL Ferrolterra, promove o curso "Coidar ao coidador". Dirixido a familias coidadoras de persoas afectadas de alzheimer ou outro tipo de demencia, desenvolverase en dúas xornadas, o 3 e 4 de outubro, de 15 a 19 horas. A acción é completamente gratuíta, pero require de inscrición previa e pode formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41).
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS