Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Teatro infantil musical o domingo en Valdoviño coa obra “Un lugar chamado mundo”

VerdeVerás Expresións Artísticas trae este domingo a Valdoviño o seu espectáculo «Un lugar chamado mundo». A función, organizada polo Concello co apoio da Deputación a través da Rede Cultural, dará comezo ás 18 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo e está dirixida a un público familiar.
 
«Un lugar chamado mundo» é unha obra de teatro infantil musical que recupera a regueifa como parte do patrimonio tradicional galego, traballa sobre o xénero, a multiculturalidade, as diversas visións do mundo e o coidado do medioambiente.
 

O Concello abre a inscrición en Concilia Nadal!

Imaxe de Concilia Verán

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello abrirá este xoves 5 de decembro o prazo de inscrición no programa «Concilia Nadal!». Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, e desenvolverase nas instalacións do CPI Atios en horario de mañá, de 9,30 a 14 horas. Así mesmo, e para quenes o soliciten, haberá un servizo de conciliación dende as 8 horas.
 

Valdoviño acolle este xoves un Foro sobre Intelixencia Turística dirixido a empresas, xestores e técnicos de Turismo

Cámping A Lagoa

A correcta presenza do destino Ferrolterra Rías Altas en Internet, como mellorar o seu posicionamento en Google Maps ou como posicionar e mellorar ás empresas turísticas en TripAdvisor son algúns dos temas dos que se van a falar no Foro de Intelixencia Turística promovido pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, ao abeiro do Convenio coa Axencia Galega de Turismo para a promoción turística do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas durante 2019.
 

Aberto o prazo para apuntarse como figurantes na Cabalgata de Reis de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de abrir o prazo para que as persoas interesadas en participar como figurantes na Cabalgata de Reis se anoten. Persoas adultas e menores deben cumplimentar a folla de inscrición e entregala ben no CPI Atios –ata o 20 de decembro- ben na Casa da Cultura –ata o 30 de decembro-. Así mesmo, no caso de persoas menores de idade debe acompañarse dunha autorización expresa asinada polo pai/nai/titor legal.
 

Valdoviño aposta pola colaboración público-privada como única vía para un desenvolvemento sostible do surf

Intervención de Luis Cayón, de Ribamontán Al Mar

A intervención do alcalde de Valdoviño, Alberto González, poñía hoxe fin o dous intensos días de debate, diálogo e exposicións en torno ao desenvolvemento sostible do surf. Un debate xerado no marco das I Xornadas Surf e Desenvolvemento sostible celebradas no Océano Surf Museo organizadas polo Concello coa colaboración de Deputación provincial da Coruña e Xunta de Galicia. No seu discurso de peche, a modo de conclusións, o rexidor apostaba pola colaboración público-privada como única vía posible para lograr un desenvolvemento sostible a través do surf.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS