Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello executa obras de mellora nas escolas unitarias de Lago e Taraza-Meirás

Co inicio do novo curso escolar, o alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta semana as escolas de Taraza-Meirás, Lago e Vilarrube que integran o Colexio Rural Agrupado (CRA) O Esquío e no que cursan os seus estudos de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria 22 nenos e nenas. Unha visita na que estivo acompañado das concelleiras de Cultura e Educación, Rosana García e Jessica Sabín, e Obras, Benito Vega, e na que aproveitou para supervisar as obras de mellora realizadas nas últimas semanas atendendo as demandas da comunidade educativa.

Valdoviño ofrece ás familias de persoas afectadas de alzheimer e outras demencias o curso gratuíto “Coidar ao coidador”

Dotar ás persoas coidadoras de coñecementos, estratexias e habilidades que as axuden a entender a enfermidade de alzheimer e a manexar as situacións que leva o coidado dunha persoa afectada é o obxectivo da acción formativa que o Concello de Valdoviño e AFAL Ferrolterra desenvolverán os días 3 e 4 de outubro no salón de plenos da casa consistorial. Un curso gratuíto pero que require de inscrición previa. Así, as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41).

O Concello de Valdoviño celebra este domingo a IV Volta ás Forcadas

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, animou esta mañá á veciñanza a tomar parte este domingo, 22 de setembro, na IV edición da carreira Volta ás Forcadas. Así, as persoas interesadas en anotarse aínda poden formalizar a súa inscrición na web www.galitiming.com. O prazo conclúe este xoves 19 de setembro e o prezo para as categorías sénior é de 4 euros, namentras que para o resto é gratuíta.
 

O Concello de Valdoviño abre este mércores a inscrición na Peregrinaxe a Santo André

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición na Peregrinaxe a Santo André que organiza o Concello ao abeiro do proxecto «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo». Precísase de inscrición previa. Debe formalizarse na Casa da Cultura de Valdoviño este mércores 18 de setembro (só para as persoas empadroadas en Valdoviño) e o xoves 19 e venres 20 de setembro (persoas empadroadas en Valdoviño e resto de concellos). O horario é de 10 a 13 horas.

A Feira Artesanal celebrarase no pavillón do Longoiro

A primeira Feira Artesanal que terá lugar este fin de semana en Valdoviño celebrarase finalmente no pavillón do Longoiro de Meirás, xa que os refachos de vento romperon a carpa na que se ía celebrar o evento na Porta do Sol.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS