Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello programa nas parroquias obradoiros gratuítos de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos

Baixo o título «Ponlle ritmo á vida!», o Concello de Valdoviño retoma os obradoiros de musicoterapia para persoas maiores de 55 anos. E farao levando as sesións cada semana ás diferentes parroquias. En concreto, a Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa. Nesta liña, a Concellería de Servizos Sociais vén de abrir o prazo de inscrición no programa, con custe cero para as persoas participantes.
 

O Concello leva o programa para maiores “+Vida” ás parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa

Participantes na  primeira edición de +Vida

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, reedita a súa aposta polo programa “+Vida”, dirixido ás persoas maiores do municipio. As sesións desta actividade, completamente gratuíta, celebraranse nas parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa a partir do 7 de novembro, cunha periodicidade semanal.
 

A Porta do Sol acollerá esta fin de semana a I Feira de Artesanía de Valdoviño

Feira de Artesanía Valdoviño

A Asociación Mulleres do Rural de Valdoviño, en colaboración co Concello, organiza esta fin de semana a primeira edición da Feira de Artesanía. Celebrarase no entorno da Porta do Sol, baixo unha carpa habilitada pola organización, e contará con artesáns tanto locais como chegados de diferentes puntos da xeografía galega. Un dos pratos fortes da cita serán as demostracións en directo das diferentes técnicas artesanais sobre coiro, madeira, cristal, estaño, prata ou bolillos.

Arrancan os obradoiros de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos

Taller Estimulación Cognitiva na Biblioteca

Un total de 15 veciños e veciñas das diferentes parroquias tomaron parte onte na primeira sesión dos obradoiros de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos que impulsa o Concello de Valdoviño. Obradoiros que se celebrarán todos os martes na Biblioteca da Casa da Cultura de forma completamente gratuíta e baixo a dirección do técnico Daniel Cartelle.
 

O Concello promove, xunto a Asfedro, o programa para familias “Máis que un teito”

A Concellería de Servizos Sociais abrirá este luns, 16 de outubro, o prazo de inscrición no programa “Máis que un teito”, que impulsa da man da asociación Asfedro. A participación é gratuíta, pero é preciso anotarse antes do día 24 deste mes no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da consistorial- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS