Un Nadal diferente

Monday, 24 December, 2012 - 09:00 to 14:00
Casa da Cultura

Organizado polo Concello (Servizos Sociais), inclúe as seguintes actividades:

  • Xogos espertadores: xogos grupais.
  • O Recuncho Máxico: actividades de animación á lectura.
  • Performance: xogos teatrais.
  • Un libro, un valor: xincanas, xogos predeportivos, educación en valores… coa temática de varios libros.
  • Relaxación creativa: momento de relax, onde se solta o aprendido.
  • Actividades especiais: pequenas saídas para coñecer a vila. Pequeno festival coas familias dos-as participantes.

Este programa está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, cun límite de 24 prazas, e terá lugar na Casa da Cultura os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro, de 9 a 14 horas.