III Xuntanza Solidaria de Nadal- Campaña de recollida de xoguetes

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais e en colaboración este ano coa Asociación de Veciños de Vilarrube, prepara a súa III Xuntanza Solidaria de recollida de xoguetes.
Os xoguetes que se recollan serán distribuidos dende este Departamento entre as familias con maiores necesidades neste próximo Nadal.
A xuntanza celebrarase o día 2 de decembro (domingo) na Casa da Cultura de 16:30 a 18:30 hrs. á que están invitadas todas aquelas persoas/entidades do Concello e arredores que desexen colaborar.
Para poñer punto e final á cita, ás 18:30 hrs. dará comezo un espectáculo de malabares e xogos a cargo de "ROICAGABOLAS" (Rede Cultural da Deputación Provincial).