O Concello promove un curso online e presencial de protección e medidas de hixiene fronte ao COVID para a hostalería

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Sanidade, anunciou esta mañá que organizará un curso de protección e medidas de hixiene fronte ao COVID-19 dirixido ao sector hostaleiro. Completamente gratuíto, estará impartido polo doutor Francisco Rascado.
 
Existen dúas modalidades: online e presencial. Así, aqueles negocios interesados no curso poden anotarse no teléfono 653 636 417. A recepción de solicitudes, aberta hoxe, manterase ata o vindeiro 5 de xuño. A partir de aí, e segundo o número de traballadores/as inscritos/as, planificarase o calendario e lugar de celebración.